Finou o creador de Call of Cthulhu

0
304

O pasado 18 de xaneiro finou Lynn Willis, ún dos nomes mais salientábeis da Chaosium, a empresa creadora do xogo de rol Call of Cthulhu. Lynn levaba xa vários anos loitando contra a vellez e mais a enfermidade pero finalmente morreu no hospital no que estaba a recebir tratamento. Sobrevíve-o a súa muller Marcia, e unha enorme comunidade de amigos e fans.

Lynn comezou na indústria do xogo de rol coma deseñador e entrou na Chaosium con Lords of the Middle Sea. Foi o terceiro empregado da empresa, primeiro coma editor e logo coma o auténtico creador de Call of Cthulhu e de toda a liña de xogos relacionados, así coma doutros proxectos, durante as decenas de anos que traballou na Chaosium.