Dwayne Johnson será o produtor e pode que tamén o protagonista de Teddy Bear para a New Line, un proxecto baseado nunha ilustración moi coñecida que se fixo popular nos últimos anos na Rede.
O enxeñeiro de software grego e artista do fantástico Alex Panagopoulos debuxou a famosa ilustración, na que se ve a unha nena durmida na cama mentres un pequeno óso teddy marrón sostén unha espada e mais un escudo defendendo á nena contra cun monstro.
Debaixo, o pé de imaxe dí: “Ósos Teddy: Protexendo aos nenos inocentes dos monstros baixo a cama dende 1902“.
Beau Flynn (Journey 2: The Mysterious Island) será tamén o produtor. Polo de agora non hai ningún escritor vencellado ao proxecto e o argumento da historia mantén-se en segredo.