Xa é oficial: Abrams no Episódio VII

0
231

A Disney emitiu un comunicado oficial no que confirma os rumores xurdidos esta semana sobre o nome de quen será o director da vindeira entrega da saga da Guerra das Galáxia, o Episódio VII:

J.J. Abrams dirixirá Star Wars: Episode VII, a primeira dunha nova série de película da Guerra das Galáxias que chega da Lucasfilm baixo o liderazgo de Kathleen Kennedy. Abrams será o director e o gañador dun Oscar Michael Arndt escribirá o guión.

É moi emocionante ter a J.J. a bordo liderando o barco mentres comezamos a facer unha nova película da Guerra das Galáxias“, dixo Kennedy. “J.J. é o director perfecto para isto. Ademais de ter grandes instintos coma realizador, ten un entendemento intuitivo desta franquía. Entende a eséncia da experiéncia de Star Wars, e traerá ese talento para cerar unha longametraxe inesquecíbel“.

George Lucas tamén comentou que “Estou consistentemente impresionado con J.J. coma realizador e narrador de histórias. É unha elección ideial para dirixir o novo filme de Star Wars e o legado non podía estar en mellores mans“.

Ser parte do novo capítulo da saga da Guerra das Galáxias, colaborar con Kathy Kennedy e este salientábel grupo de xente, é un absoluto honor“, dixo J.J. Abrams. “Estou mesmo mais agradecido a George Lucas agora que cando era un neno“.

J.J., o seu parceiro de toda a vida na produción Bryan Burk, e mais a Bad Robot chegan tamén para producir xunto a Kathleen Kennedy baixo o selo Disney | Lucasfilm.

Ademais participarán coma consultores do proxecto Lawrence Kasdan e Simon Kinberg. Kasdan ten unha longa história de colaboracións coa Lucasfilm, coma guionista de The Empire Strikes Back, Raiders of the Lost Ark e Return of the Jedi. Kinberg foi o guionista de Sherlock Holmes e de Mr. and Mrs. Smith.