Nic Mathieu pilotará aos Robotech

0
213

O director de anúncios Nic Mathieu foi contratado para dirixir a adaptación de alto orzamento da franquía de anime dos anos 80 Robotech para a Warner Bros. Pictures.

Robotech é unha saga épica de ciéncia-ficción que ten lugar nunha era na que a Terra desenvolveu robots xigantes a partir da tecnoloxía atopada nunha nave espacial alieníxena que se estrelou nunha illa do Pacífico sul. A humanidade ve-se obrigada a usar a tecnoloxía para loitar contra tres vagas de invasións extra-terrestres.

A primeira invasión conleva unha batalla contra unha raza de guerreiros xigantes que queren recuperar unha fonte de enerxía coñecida coma “protocultura”, e a supervivéncia do planeta fica nas mans de dous xóvenes pilotos.

O Robotech orixinal foi unha série xaponesa que reeditou e engadiu novos diálogos a tres sagas de anime, para que os produtores puideran ter episódios abondo para poder crear unha série de debuxos animados.

O proxecto leva en desenvolvemento dende 2007, con moitos guionistas vencellados ao mesmo, pero esta é a primeira vez que se dá a coñecer o nome dun director.

Akiva Goldsman, Tobey Maguire, Matthew Plouffe, Joby Harold e mais Tory Tunnell serán os produtores.