A Weinstein Company ven de anunciar que en maio comezará a produción dunha secuela do seu filme de 2000 Wò hǔ cáng lóng (Tigre agazapado, Dragón agochado), a película que gañou catro Oscars e foi o primeiro éxito mundial do director Ang Lee.
John Fusco (Hidalgo, The Forbidden Kingdom) escribiu o guión mentres có veterán director chinés Ronny Yu está en conversas para se encargar do filme. Harvey Weinstein producirá a película, que conta cun orzamento de mais de 20 millóns de dólares.
Tigre agazapado, Dragón agochado estaba baseado no cuarto libro da Pentaloxía de Ferro, unha saga do escritor Wang Du Lu. Este novo filme baseará-se no quinto libro da série, Xarrón de Prata, Cabaleiro de Ferro.
Polo de agora non se sabe se os mesmos actores da primeira parte repetirán os seus papéis, pero cóida-se que un bó feixe deles estarán de volta.