Paquin, Page e Ashmore nos X-Men

0
250

Anna Paquin (Pícara), Ellen Page (Kitty Pryde) e Shawn Ashmore (Iceman) regresarán na vindeira entrega da Patrulla X no cinema, X-Men: Days of Future Past na 20th Century Fox.

O director Bryan Singer revelou estas novas por médio da súa conta de Twitter, engadindo asemade tres novos nomes ao reparto orixinal de X-Men e X-Men: First Class que van estar de volta.

O argumento misturará ao heroes orixinais dos anos 60 e mais aos dun futuro alternativo, onde todos os mutantes están a ser cazados polas Sentinelas.

polo de agora non se sabe como van encaixar estes tres novo persoaxes, pero en todo caso, únen-se aos regresos xa confirmados de Hugh Jackman, Ian McKellen, Patrick Stewart, James McAvoy, Michael Fassbender, Jennifer Lawrence e mais Nicholas Hoult.