BioShock, o millor videoxogo

0
222

Unha escena do xogoBioShock, o videoxogo de acción de ciéncia-ficción da compañía 2K Games, foi seleccionado coma o millor videoxogo do ano 2007, o millor xogo para a consola Xbox 360 e xogo con millor banda sonora no decurso da quinta edición anual dos Prémios dos Videoxogos da Spike TV.

Desenvolvido por 2K Boston e 2K Australia para a 2K Games, BioShock é descrito coma un videoxogo de acción de disparos en primeira persoa “xenéticamente millorado” no que o xogador convírte-se nun fuxido de Rapture, unha cidade utópica submariña de estilo art-decó destruida por unha guerra civil.

Os prémios Spike serven para galardonar aos millores xogos, deseñadores, animacións e á millor tecnoloxía, música e interpretacións producidas ao longo do ano no mundo dos videoxogos.