Paul Giamatti será Rhino en Spiderman 2

0
255

Paul Giamatti está en conversas para interpretar ao supervilán Rhino na vindeira entrega de Spiderman. Pola súa banda, seica Felicity Jones tamén podería estar a negociar a súa entrada no reparto para un papel aínda non especificado.

Nos cómics, Rhino era un matón dunha república ex-soviética que levaba unha armadura que o convirte en invulnerábel e lle dá superforza e supervelocidade. Nos cómics mais recentes, chegou a se converter nunha figura mais simpática e a se aliar co mesmo Spiderman.

A parella en todo caso uniría-se a un reparto no que xa figuran Andrew Garfield e Emma Stone repetindo os seus papéis de Peter Parker e Gwen Stacy, xunto a Jamie Foxx coma o falcatruán Electro, Shailene Woodley coma Mary Jane Watson e Dane DeHaan coma Harry Osborne.