De 1952 ao Mundo do Mañá

0
271

A Disney emitiu un comunicado oficial no que confirma que o vindeiro proxecto do realizador Brad Bird, que até agora tiña o título de 1952, será agora coñecido coma Tomorrowland.

O filme será estreado nos Estados Unidos o 19 de decembro de 2014 e George Clooney será o protagonista. Polo de agora sábe-se que o seu argumento será unha história de contacto cos extra-terrestres ao estilo de Encontros na Terceira fase.

Damon Lindelof e Brad Bird escribiron o guión a partir dunha ideia orixinal do mesmo Lindelof e de Jeff Jensen. Lindelof será o produtor e Bird producirá e dirixirá.