Os guionistas de Bond, en Barbarella

0
202

Neal Purvis e Robert Wade, quen traballaron nos guións de todos os filmes da saga de James Bond dende The World is Not Enough en 199, serán dende agora os responsábeis dunha nova série de televisión baseada no clásico da ciéncia-ficción dos anos 60 Barbarella.

Purvis e Wade presentarán unha nova versión do persoaxe de cómic creado por Jean-Claude Forest e que fixo famoso Jane Fonda no filme de 1968, probábelmente eliminando grande parte da súa sensualidade para adapta-lo a un público familiar e acorde cos tempos de estrita moralidade que vivimos.

O director de Drive, Nicolas Winding Refn, será o encargado de dirixir o episódio piloto e ademais participará coma produtor executivo da série, que producen a Gaumont International Television, Canal+ e Martha De Laurentiis.