A Liga da Xustiza depende de Superman

370

Ainda que Kevin Tsuijhara ven de se facer cargo do posto de CEO da Warner Bros. Pictures, Jeff Robinov ficará coma xefe do grupo de cinema.

E nunha recente entrevista, Robinov suxeriu algo que leva tempo a suspeitar-se: que a Warners agardará a dar a súa aprobación ao proxecto de película sobre a Liga da Xustiza até que estean seguros de que o relanzamento de Superman en Man Of Steel sexa un éxito.

Polo de agora, o filme Justice League tiña coma data de estrea fixada o verán de 2015 e Will Beale (Gangster Squad) estaba a traballar no guión. Segundo os últimos informes, no grupo estarían Superman, Batman, Wonder Woman, lanterna Verde e Flash.