Duncan Jones dirixirá o filme de Warcraft

0
223

O director de Moon e Source Code, Duncan Jones, será o responsábel de Warcraft, o vindeiro filme que adaptará á pantalla grande o universo do popular videoxogo de rol do mesmo nome.

Warcraft, que escomezou coma videoxogo para o PC en 1994, é un rico mundo fantástico que vai sobre un conflito entre as forzas rivais da Horda e da Alianza.

O xogo continuou expandíndo-se a través de novelas, figuras de acción, aparellos, cómics, xogos de mesa e por suposto o famoso xogo de rol en liña multixogador World of Warcraft.

Charles Leavitt escribiu o guión mentres Thomas Tull, Jon Jashni, Charles Roven e Alex Gartner serán os produtores.

O filme contará, segundo din diversas fontes, cun orzamento superior aos 100 millóns de dólaers. A rodaxe escomezará este outono e a estrea está prevista para 2015.

Sam Raimi estivo vencellado ao posto de director durante vários anos até que abandonou o proxecto a mediados de 2012.