A véspora verde

0
181

The Green HornetStephen Chow e Seth Rogen unirán as súas forzas para traer á vida a un superheroe que leva moito tempo dando voltas polos caixóns dos proxectos esquecidos de Hollywood: The Green Hornet. Chow non só será o protagonista do filme no papel de Kato senón que ademáis fará o seu debut coma director nos Estados Unidos.

Chow, coñecido polo seu traballo visual en Kung Fu Hustle e especialmente en Shaolin Soccer, acadou por fin que o proxecto se desatasca-se e mesmo deu unha data de lanzamento, o 25 de xuño de 2010.

A súa entrada no proxecto, anunciada polos presidentes da Columbia Doug Belgrad e Matt Tolmach, tamén serve coma pista para sabermos que o filme terá a fasquía do que adoita facer Chow, coñecido polos seus filmes de acción e artes marciais cun xeito de debuxos animados.

Rogen converterá-se así no loitador enmascarado contra o crime Green Hornet, que escomezou nos anos 30 coma programa de rádio e máis tarde en filmes, televisión e cómics. O enmascarado Kato ven sendo o axudante tradicional e chófer de Green Hornet, axudándo-o nas súas aventuras.

Neal Moritz producirá o proxecto a través da súa empresa Original Film, e Ori Marmur será o produtor executivo.