Zac Efron e Akiva Goldsman volverán ver-se as caras nun misterioso proxecto sobrenatural titulado The Falling e que está a desenvolver a Warner Bros. Pictures.
A história descríbe-se coma un provocador thriller centrado ao redor dunha figura sobrenatural. Estes son polo de agora os únicos detalles que se coñecen sobre o argumento, á parte de que Efron será o protagonista.
Goldsman e Joby Harold (All You Need Is Kill) foron os autores da ideia orixinal. Efron, Tory Tunnell e mais Harold serán tamén os produtores.