McGrath e Anozie na série de Drácula

1177

Katie McGrath (Merlin) e Nonso Anozie (Game of Thrones) serán os protagonistas xunto a Jonathan Rhys Meyers na vindeira série de televisión Dracula, que durará dez episódios e estará producida pola NBC e a Sky Living HD.

A série conta con Drácula (Meyers) coma protagonista chegando a Londres e facéndo-se pasar polo empresário americano Alan Grayson, que di que quere traer a moderna ciéncia á sociedade vitorián.

En realidade, o que quere é se vingar da xente que arruinou a súa vida centos de anos atrás, pero ficará namorado irremediábelmente de Mina Murray (Jessica De Gouw), quen parece ser a reencarnación da súa muller falecida.

McGrath fará de Lucy Westenra, a aristocrática, sexy e altamente social millor amiga de Mina. Anozie pola súa banda será R.M. Renfield, o leal confidente de Alan Grayson.