Kenneth Branagh dirixirá á Cincenta

0
244

Kenneth Branagh (Thor) será con case total probabilidade o director da nova versión con acción real de Cinderella (a Cincenta), que producirá a factoría da Disney Pictures.

Mark Romanek abandonou o proxecto hai várias semanas por mor de diferéncias creativas, nomeadamente porque a súa versión era demasiado sinistra e provocadora para os estudos.

Cate Blanchett continúa polo de agora vencellada ao papel da malvada madrastra. Chris Weitz e Aline Brosh McKenna escribiron o guión e a rodaxe escomezará este outono en Londres coa ideia de se estrear en 2014.