O director de G.I. Joe: Retaliation, Jon M. Chu, está a negociar a súa entrada no proxecto que adaptará á pantalla grande a novela para adolescentes de Ally Condie Matched.
A acción está ambientada nunha sociedade futura na que á xente din-lle o que teñen que lér, o que teñen que ver, o que teñen que crér a quen teñen que amar. A história céntra-se nunha rapaza que rexeita un romance arranxado e escolle seguir o seu própio camiño.
Michelle e Kieran Mulroney (Sherlock Holmes: A Game of Shadows) escribiron o guión, que producirán Adam Shankman e Jennifer Gibgot.
Até agora David Slade era o director que estaba vencellado a este proxecto.