Farrell e Hopkins en Solace

0
236

Colin Farrell será o vindeiro protagonista da longamente agardada Solace, un thriller sobrenatural que dirixirá o brasileiro Afonso Poyart (Two Rabbits).

Farrell fará o papel dun detective do FBI que procura a axuda dun médico retirado e recluído (Anthony Hopkins) para tentar resolver unha serie de arrepiantes asasinatos.

O médico foi un xénio resolvendo crimes até que a súa filla morreu tráxicamente. Desesperado, o detective presionará ao médico para que abandoe o seu retiro nun derradeiro caso.

Escrito por Sean Bailey e Ted Griffin con revisións de Jamie Vanderbilt e Peter Morgan, o proxecto orixinou-se na New Line, onde nalgún intre tivero na intención de converte-lo nunha secuela do filme Se7en de David Fincher.