Un Emmy para Pushing Daisies

0
189

Pushing DaisiesA série da ABC Pushing Daisies foi a única de ciéncia-ficción ou fantasía que gañou algún prémio salientabel na recentemente celebrada gala dos prémios Emmy do pasado 21 de setembro, nunha cerimónia que tivo lugar no Nokia Theatre de Los Angeles.

A série fantástica levou ademáis ún dos principais prémios: o millor director nunha série cómica, que levou Barry Sonnenfeld polo episódio piloto, Pie-Lette.

Unha semana antes, na gala dos prémios creativos Emmy, que se celebra uns días antes da gala principal, Pushing Daisies xa obtivera dous prémios de carácter técnico, á millor edición de imaxe nunha comédia por Pie-Lette e á millor música orixinal para unha série, polo episódio Pigeon.

A série Battlestar Galactica, pola súa banda, levou dous prémios menores: aos millores efectos especiais polo episódio He That Believeth in Me e outro ao millor episódio Web de acción real, polo webpisódio número 4.

Entre os demáis gañadores do xénero, a série Chuck wgañou un prémio á millor corrdinación de dobres, a série Perdidos á millor mistura de són nunha série dramática e Smallville á millor edición de són nunha série.