O relanzamento dos Thunderbirds

0
182

A ITV Studios, a Pukeko Pictures e mais a Weta Workshop unirán-se para coproduciren Thunderbirds Are Go!.

A série é unha posta ao día do clásico dos anos 60 de Gerry Anderson que utilizaba monicreques nunha série infantil que foi unha auténtica sensación en todo o mundo.

Thunderbirds ía sobre as aventuras da International Rescue, unha organización secreta creada para axudar a aqueles que se atopen en grave perigo utilizando equipas e maquinária avanzadas dende a súa base agocha na illa Tracy.

O grupo está formado polo ex-astronauta Jeff Tracy e os seus cinco fillos. A súa axente en Londres Lady Penelope tamén adoitaba aparecer decote.

A propiedade xa foi adaptada para un filme en 2004 titulado Team America: World Police, orixinal dos creadores de South Park Matt Stone e Trey Parker.

O novo programa misturará animación xerada por computador e modelos con acción real. Polo de agora a canle ITV xa pediu 26 episódios de média hora de duración, que comezará a se emitir a partir de 2015.