Mark Waters na Académia de Vampiros

0
265

O director de Mean Girls, Mark Waters, ven de asinar o contrato polo que se converte no responsábel dun filme que será o primeiro dunha franquía baseada na série de libros para adolescentes de Richelle Mead Vampire Academy.

Titulado Vampire Academy: Blood Sisters, este filme tentará ser tan só o primeiro dunha série de seis partes que narra as aventuras da rapaza de 17 anos Rose Hathaway (interpretada por Zoey Deutch). Rose ten unha relación moi3 estreita coa súa amiga vampira Lissa (Lucy Fry) e ambos asisten a un coléxio para vampiros no que tentan retér algo da súa humanidade.

A estrela rusa Danila Kozlovski interpretará a Dimitri, unha vampira sérbia asignada para vixiar e protexer ás dúas rapazas mentres estean fóra dos muros do coléxio.

O irmán de Mark, Daniel Waters (Heathers) está a adaptar o guión, mentres ca Susan Montford, Don Murphy, Deepak Nayer e Michael Preger serán os produtores.