Os Harbinger chegan á pantalla grande

0
239

O Valiant Entertainment Group ven de contratar a Stephen Susco para que escriba o guión dun filme que adaptará ao cinema a série de cómic Harbinger, creada orixinalmente por Jim Shooter e David Lapham.

Os Harbingers son humáns con poderes que poden ser ceibados por harbingers “omega”. O adolescente Pete Stanchek atópa-se nunha colisión cun antigo omega que uou os seus poderes para se converter nun malvado empresário.

Brett Ratner axudará a desenvolver o proxecto e pode que se converta no seu director. Ratner e Susco figuraban ambos os dous vencellados ao proxecto cando ainda estaba nas mans da Paramount Pictures en 2008.

A Paramount non puido sacar adiante o proxecto por mor de problemas cos dereitos e agora a Valiant vai-no desenvolver de xeito independente. Alexandra Milchan e Dinesh Shamdasani son os produtores.