Han Solo terá un filme de seu

0
317

O CEO da Disney Pictures, Bob Iger, confirmou que os estudos están xa a traballar na posibildiade de facer filmes spin-off independentes da história central da nova triloxía da Guerra das Galáxias.

Os guionistas Larry Kasdan e mais Simon Kinberg están xa a escribir os filmes derivados da saga Star Wars e que non formarán parte da saga. Segundo Iger, os episódios 7, 8 e 9 aparecerán ao longo dun periodo de seis anos, a comezar en 2015. E durante ese tempo, os estudos lanzarán outros filmes.

E só un día despois da confirmación, algúns médios fixéron-se eco de rumores que afirman que eses filmes estarán adicados aos primeiros tempos de dous dos persoaxes mais carismáticos entre os fans: Han Solo e mais o cazarrecompensas Boba Fett.

O filme coas aventuras orixinais de Han Solo podería estar ambientado entre os Episódios III e IV, nun tempo antes de que Solo atopa-se a Luke Skywalker. E o filme de Boba Fett podería situar-se entre dous dos tres primeiros episódios da saga orixinal.