Abrams producirá o filme de Half Life

0
242

Ainda que está estes días moi ocupado rematando Star Trek Into Darkness e preparando xa Star Wars: Episode VII, o produtor e director J.J. Abrams xa está á procura doutros proxectos dos que se facer cargo.

No decurso da Conferéncia D.I.C.E. en Las Vegas, o realizador revelou que a súa compañía, a Bad Robot, planea traballar moi de perto coa compañía de videoxogos Valve para adaptar á pantalla grande a série de xogos Half-Life e mais Portal.

Abrams e mais o cofundador da Valve Gabe Newell fixeron o anúncio no decurso dunha congferéncia que serviu coma arrinque da convención.

O filme úne-se asemade a unha série de videoxogos que están por se converter en longametraxes dentro de pouco: Assassin’s Creed, Splinter Cell, Need for Speed, World of Warcraft, Deus Ex, Uncharted, Mortal Kombat e Hitman.