Cranston e Olsen únen-se a Godzilla

847

Bryan Cranston (Breaking Bad) e Elizabeth Olsen (Martha Marcy May Marlene) son as novas incorporacións ao reparto do novo filme da na Legendary Pictures, Godzilla, no que xa figura coma protagonista Aaron Johnson e que dirixirá Gareth Edwards.

O proxecto está nestes intres a pasar por unha fase de reescritura do guión orixinal a cargo de Frank Darabont, así que non se pechará ningún contrato até que o guión estea rematado.

Polo de agora o argumento e os detalles sobre os persoaxes non se deron a coñecer. Thomas Tull, Jon Jashni e Mary Parent son os produtores.

A rodaxe debe escomezar o mes que ven e a estrea non será até o 16 de maio de 2014.