O actual Doutor Who, o actor Matt Smith, ven de se facer co papel protagonista do filme que suporá o debut na dirección de Ryan Gosling, How to Catch a Monster.
O conto de fadas contemporáneo con elementos de fantasía sinistra está ambientado no escenário dun soño nunha cidade que desaparece.
Billy (Christina Hendricks), unha nai solteira de dous fillos, mergúlla-se nun submundo fantástico macabro e misterioso mentres o seu fillo adolescente descubre un camiño secreto que leva a unha vila asulagada.
Eva Mendes é a outra protagonista deste filme, que conta coa produción de Gosling, Marc Platt, Adam Siegel, Michel Litvak e David Lancaster.