Nicolas Cage volverá axuntar-se co director Dominic Sena no thriller sobrenatural Season of the Witch para os estudos Relativity Media.
A história narra a viaxe duns cabaleiros do século XIV que deben transportar a unha nena sospeitosa de ser unha meoga responsábel de espallar a Peste Negra. Bragi Schut Jr. foi o autor do guión.
A rodaxe está prevista para escomezar a primeiros de novembro en Áustria e Hungría.
Cage xa traballara préviamente con Sena no filme Gone in Sixty Seconds.