Ross Katz dirixirá “The Unholy”

0
229

O produtor Ross Katz (Lost in Translation) será o director do thriller sobrenatural The Unholy para os estudos Gold Circle.

Joseph Fiennes (Camelot) e Morena Baccarin (Homeland) figuran vencellados a este proxecto coma protagonistas dunha história que vai sobre un grupo de científicos que cren que descubriron un xen responsábel da maldade no ser humano.

Pero cando son recrutados polo Vaticano para liderar unha nova iniciativa global para examinar candidatos para exorcismos oficiais, unha série de forzas sobrenaturais comezará a os ameazar.

O filme está baseado nunha ideia orixinal que aparece no filme [REC] de Jaume Balaguero e Paco Plaza, e conta cun guión de E.L. Katz. Paul Brooks será o produtor e a rodaxe escomezará esta primavera.