“Cell” de Stephen King xa ten director

0
251

Tod ‘Kip’ Williams (Paranormal Activity 2) será o director da adaptación ao cinema da novela Cell de Stephen King pola Cargo Entertainment.

A história orixinal vai sobre un artista gráfico (John Cusack, quen tamén protagonizou 1408, outro filme baseado nunha obra de King) que loita para atopar á súa esposa e ao seu fillo despois de que unha rede de teléfone móbil espallara un sinal de pulso devastador que matou a case todo o mundo.

King e Adam Alleca (The Last House on the Left) adaptaron o guión. Richard Saperstein, Brian Witten e Shara Kay serán os produtores deste filme que comeza a se rodar en maio.