A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos para levar á pantalla grande unha nova série de libros para adolescentes con tema sobrenatural que polo de agora nin tan sequera conta cun título pero que escribirá a autora de libros de fantasía Julie Kagawa.
A história está ambientada nos nosos días nunha vila costeira onde hai criaturas míticas que conviven co resto da xente, pero disfrazadas de humanos.
Unha banda de asasinos infíltra-se na vila agocha baixo a forma de rapaces, o que conlevará unha confrontación e un triángulo amoroso.
O primeiro libro aparecerá en 2015. O filme pola súa banda contará coa produción de Chris Morgan.