Sandra Bullock é a mala de Minions

1092

Sandra Bullock fornecerá a voz do vilán protagonista de Minions, o filme secuela de Despicable Me que producirán a Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment.

No filme cónta-se como os adorábeis homiños amarelos existen dende as orixe dos tempos, axudando sempre aos superfalcatruáns mais salientábei sde cada época. Grazas á súa proverbial ineptitude, os minions conseguen sempre estragar os plans dos malvados e mata-los finalmente.

A história está ambientada nos anos 60, cando os minions están a procurar algo deprimidos a un novo malvado ao que axudar nunha convención de superviláns. Alí deberán competir polo dereito a ser os axudantes de Scarlet Overkill (Bullock), unha supermalvada disposta a dominar o mundo.

O filme, unha comédia con debuxos xerados por computador, ten prevista a súa estrea parao 19 de decembro de 2014.