Haberá secuela dos zombis nazis

0
230

Tommy Wirkola (Hansel & Gretel: Witch Hunters) regresará a Noruega para filmar unha secuela do seu filme de terror de 2009 mais coñecido polo de agora: Dead Snow.

Filmada en inglés e noruegués, a história orixinal narraba as aventuras do único supervivinte dun ataque de zombis nazis no decurso dunha batalla contra un exército ainda mais grande de zombis, e todo coa axuda dun grupo de cazadores de zombis dos Estados Unidos.

Titulada Dead Snow: War of the Dead, Wirkola dixo ao respeito desta segunda parte que o seu guión é “mais grande, mete mais medo, mais divertido, mais cheo de acción e mais gore có do filme anterior“.