A Metro revisará ao Home Minguante

0
185

A MGM ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema outra novela de Richard Matheson, o clásico autor de I am Legend, neste caso o libro de ciéncia-ficción The Shrinking Man.

A história vai sobre un home que é exposto a radiación e mais a un insecticida, e coma resultas, comeza a minguar de tamaño. O plan é facer unha versión moderna deste relato, mantendo o mesmo tón da novela pero actualizando a tecnoloxía.

Matheson, quen conta con 87 anos, e mais o seu fillo Richard Matheson Jr. escribirán o guión deste filme, que a produtora definiu coma unha película de “acción existencial“. A história xa fora levada á pantalla grande en 1957 co título The Incredible Shrinking Man.