Volverá Roger Rabbit?

0
232

Roger RabbitHai anos que Robert Zemeckis, director de Quen enganou a Roger Rabbit?, manexa a ideia de rodar unha secuela, e agora tamén o produtor Frank Marshall disparou os rumores ao afirmar, na MTV, que o si definitivo ao proxecto “podería estar moi preto, temos un guión escrito pero desgrazadamente non temos ainda preparada a animación, que podería ser moi cara“.

Marshall explicou que na película orixinal só había 48 minutos con animación, mentres que na posíbel segunda parte cada ún dos fotogramas contaría con algún debuxo. “De 48 minutos animados pasaríamos a 100, e iso non sae barato“.

Marshall recoñeceu que xa realizaran algunha proba ao respeito, ainda que non entraran no deseño de ningún persoaxe en particular… ainda. “A ideia é ver até onde podemos chegar coas novas tecnoloxías“, explicou, “e compara-lo co visto na película orixinal“.

Agora, case vinte anos despóis da estrea de Quen enganou a Roger Rabbit?, explicou tamén que consultaría a viabilidade do proxecto con John Lasseter, o xefazo da Pixar, e afirmou que a Disney entraría probábelmente na produción de novo.