A Múmia terá un segundo guión

0
258

O guionista de The Hunger Games e Shattered Glass, Billy Ray, ven de chegar a un acordo para se encargar de completar o libreto do vindeiro relanzamento da franquía de The Mummy pola Universal Pictures.

Len Wiseman será o director deste proxecto, que conta polo de agora cun primeiro esbozo de guión escrito polo autor da decepcionante Prometheus, Jon Spaihts. Agárda-se que o novo guión de Ray combine dalgún xeito ambos escritos utilizando as millores escenas de cada ún.

Polo de agora todo o que se sabe do argumento é qu eestará baseado nun escenário contemporáneo, no canto dos anos 20 que narraban os filmes de Stephen Sommers. A rodaxe escomenzará este verán e a estrea ten previsto producir-se a mediados de 2014.