A produtora Kathleen Kennedy non participará na cuarta entrega da franquía de Parque Xurásico na Universal Pictures, debido a que agora é a máxima responsábel da Lucasfilm.
O seu parceiro de sempre, Frank Marshall, enviou unha mensaxe no seu Twitter no que comenta que “A señora Kennedy mudou-se a Star Wars e non producirá Jurassic Park IV. Trocou os raptores por un caza imperial“.
Marshall ficará a bordo do proxecto coma produtor xunto a Steven Spielberg coma produtor executivo. Polo de agora non hai ningún director vencellado.
Rick Jaffa e Amanda Silver (Rise of the Planet of the Apes) son os autores do guión. O filme ten previsto estrear-se o 13 de xuño de 2014.