Xa falan dunha secuela de Mamá

0
259

O filme Mamá producido por Guillermo del Toro e dirixido por Andrés Muschietti leva xa recadados 69 millóns de dólares nos Estados Unidos, aos que lle hai que sumar outros 20 nos mercados do resto do mundo onde xa se estreou.

As críticas polo de agora foron abondo benévolas, así que a posibilidade de facer unha secuela deste thriller sorenatural comeza xa a se comentar. De feito, o presidente da sección internacional da Universal Pictures, David Kosse, dixo:

Coidamos que hai potencial para unha franquía de Mama. Gostaríamos facer outra. Pero esas conversas están ainda nos seus primeiros chanzos. Mama é a primeira película deste tipo de modelo co que tivemos un enorme éxito así que hai mais oportunidades para este tipo de filme“.

O modelo ao que se refire é un filme rodado en inlés pero producido con compañías estranxeiras. Mama é unha coprodución hispano-canadiana, e o seguinte filme que adoptará este modelo será o vindeiro de Keanu Reeves, Man of Tai Chi.