Jason Clarke úne-se ao planeta dos símios

0
184

Jason Clarke (Zero Dark Thirty, Lawless) será o protagonista do filme Dawn of the Planet of the Apes que dirixirá Matt Reeves para a 20th Century Fox.

Ambientado 15 anos despois dos acontecementos narrados na primeira entrega (Rise of the Planet of the Apes, 2011), a história seica irá sobre uns científicos humanos que loitan por sobreviviren aillados en San Francisco.

Outra parte da história é a loita do símio intelixente Caesar (Andy Serkis) para manter o control sobre o seu novo reino. O papel que fará Clarke ainda non foi desvelado.

Mark Bomback escribiu o guión, que producen Peter Chernin, Dylan Clarke, Amanda Silver e mais Rick Jaffa. A rodaxe debe escomezar o mes de abril.