Megan Fox úne-se ás Tartarugas Ninja

0
285

Seica Megan Fox e Michael Bay enterraron o machado de guerra e están dispostos a traballar xuntos unha vez mais. Así, a actriz interpretará a April O’Neil, a intrépida xornalista e principal persoaxe feminino do vindeiro filme con acción real Teenage Mutant Ninja Turtles na Paramount Pictures.

Bay revelou as novas no seu sítio web, decindo: “TMNT: imos traer a Megan Fox de volta á família“.

O cásting está nestes intres pendente das contratación dos últimos actores, a maior parte descoñecidos, que interpretarán os papéis das tartarugas.

Fox e Bay reconciliáron-se após de manteren unha série de encontros recentemente, mentres que o director Jonathan Liebesman abraiou-na cos storyboards do proxecto. Bay producirá este filme a través da súa compañía, a Platinum Dunes.