O Aniquilador xa ten quen o produza

1342

Barry Josephson, o produtor de filmes coma Enchanted e produtor executivo da série de televisión Bones, ven de chegar a bordo do proxecto de filme de superheroes Annihilator da Magic Storm Entertainment e a China’s National Film Capital.

Creado por Stan Lee e escrito por Dan Gilroy (The Bourne Legacy, Real Steel), o argumento céntra-se nun expatriado chinés que sae do cárcere baixo a promesa de formar parte dun programa de alto segredo para crear un supersoldado.

Douglas Falconer (The Warrior’s Way) será tamén o produtor.