O Capitán América é un thriller político

980

O presidente da Marvel Studios, Kevin Feige, revelou que a vindeira secuela Captain America: The Winter Soldier terá o tón dun thriller político mais ca dunha fantasía histórica coma no primeiro filme. Así, cando lle preguntaron sobre as adaptacións dos cómics á pantalla grande, Feige contestou:

Se é unha moda pasaxeira, é unha que dura xa 30 ou 40 anos, coma pasou co Western, porque cada unha é moi diferente. Hai unha oportunidade de inxertar case calquera sub-xénero dentro delas.

O noso primeiro filme do Capitán América foi unha película sobre a Segunda Guerra Mundial, e o seguinte será un thriller político. Todos teñen texturas e pátinas de seu, e iso é o que é emocionante sobre elas“.

Chris Evans, Emily VanCamp, Sebastian Stan, Anthony Mackie, Frank Grillo, Samuel L. Jackson, Cobie Smulders, Scarlett Johansson e Toby Jones son os protagonistas deste filme.