Matt Vaughn produce aos 4 Fantásticos

0
225

O director de X-Men: First Class e Kick-Ass, Matthew Vaughn, será o novo produtor do relanzamento dos 4 Fantásticos na 20th Century Fox.

O director de Chronicle, Josh Trank, continúa vencellado a este proxecto coma máximo responsábel tras as cámaras. O filme ten prevista a súa estrea para a primavera de 2015.

Mark Millar enviou unha mensaxe ao seu Twitter na que afirmaba: “Acabo de colgar o teléfone após de falar coa Fox e teño excelentes novas: Matthew Vaughn será o produtor do relanzamento dos 4 Fantásticos de Josh Trank!“.

Por outra banda, o guionista de Abraham Lincoln: Vampire Hunter e Dark Shadows, Seth Grahame-Smith, ven de rematar unha revisión do guión deste filme, após de que o boceto orixinal de Jeremy Slater non acabase de convencer ao director.