A Universal atopa a proba do ceo

0
250

A Universal Pictures e mais a Disruption Entertainment veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela supervendas de Eben Alexander Proof Of Heaven: A Neurosurgeon’s Journey Into The Afterlife.

Alexander é un neurocirurxán da Universidade de Harvard que afirma que posúe poderes que lle permiten conectar co alén e ver o ceo e mais o inferno aos que manda aos seus pacientes. Coma outros charlatáns, asegura que as súas novelas non son fantasía senón realidade, que el antes era ateo, pero que deus e outros seres imaxinários concederon-lle poderes extraordinários.

En 2008, Alexander foi vítima dunha menixite e ficou en estado de coma durante sete días, após dos cales afirmou que estivo no ceo falando cos seus devanceiros e que alí mesmo no paradiso coñeceu ao deus dos cristiáns.

Mary Parent e Cale Boyter serán os produtores. Ryan Knighton escribirá o guión.