Muschietti abrirá unha caixa de paxaros

0
226

O director do recente éxito do cinema de terror Mama, Andy Muschietti, está a negociar a súa participación nun filme que adaptará á pantalla grande o manuscrito de ciéncia-ficción de Josh Malerman Bird Box para a Universal Pictures.

Malerman, o solista do grupo de rock The High Strung, escribiu esta novela que apaercerá publicada en 2014, pero a Universal xa se fixo cos dereitos.

A história vai sobre un trío cos ollos vendados composto por unha muller e dous nenos que descenden polo río abaixo nun escenário que semella ser postapocalíptico.

Scott Stuber, Chris Morgan e Barbara Muschietti serán os produtores deste filme, que ainda non conta cun guionista.