A veterán actriz Juliette Binoche está a negociar a súa entrada no reparto do filme de Gareth Edwards Godzilla, que relanzará ao mítico monstro xaponés para a Legendary Pictures e a Warner Bros. Pictures.
O proxecto está aínda pendente de Frank Darabont, encargado de escribir o guión, así que non se agarda qu ese peche ningún trato até que o guión estea na mesa. As descripcións dos persoaxes polo de agora non se deron a coñecer.
Bryan Cranston e Elizabeth Olsen estiveron tamén recentemente nos médios coma posíbeis membros do reparto. A rodaxe debe escomezar o mes que ven e a estrea será o 16 de maio de 2014.