Os demos persoais chegan ao cinema

0
233

A Ineffable Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o primeiro libro dunha triloxía de novelas románticas para adolescentes da escritora Lisa Desrochers, titulado Personal Demons.

A história céntra-se nunha rapaza adolescente con poderes especiais e que é atrapada no médio dun triángulo amoroso entre un anxo e un demo, cadaún dos cales compite por se levar o alma da rapazola ao ceo ou ao inferno.

Os outros dous libros da série son Original Sin e Last Rite. A Ineffable ainda non ten os dereitos sobre os outros dos tomos, pero ao mesmo tempo está xa a desenvolver unha adaptación ao cinema do libro de Colleen Houck Tiger’s Curse para a Paramount Pictures.