A secuela de Sinister, en preparación

833

A Blumhouse Productions está xa a comezar os preparativos para producir unha secuela do seu éxito de baixo orzamento do ano pasado Sinister, que financiará a eOne.

O filme orixinal estaba protagonizado por Ethan Hawke no papel dun novelista de crimes e mistério que descubre unha caixa que contén películas perturbadoras que conectan á súa família cun ser sobrenatural. O filme contou cun orzamento de tan só 3 millóns de dólares, pero recadou mais  87 millóns en todo o mundo.

Agárda-se que todos os protagonistas e a mesma equipa de rodaxe regresen para esta segunda parte, incluíndo ao seu director e guionista Scott Derrickson e mais ao coguionista C. Robert Cargill.

Esta será a terceira franquía de filmes de terror baratos que inícia a Blumhouse após dos seus éxitos con Paranormal Activity e Insidious.