Willem Dafoe xogará en Beyond: Two Souls

0
244

Willem Dafoe ven de se unir ao reparto do moi esperado filme da Quantic Dream que adaptará á pantalla grande o videxogo Beyond: Two Souls.

Dafoe interpretará a Nathan Dawkins, un enigmático científico que traballa para unha división do governo que estuda as actividades paranormais. Ellen Page fai o papel dunha rapaza que posúe poderes sobrenaturais grazas a un vencello cunha entidade invisíbel.

A Quantic Dream é a compañía que está atrás do éxito para a PlayStation Heavy Rain e será a produtora deste filme. O xogo utiliza moitas escenas de captura de imaxe e un reparto de mais de 160 actores.