Resucita o orgullo dos zombis

847

A adaptación ao cinema da novela de Seth Grahame-Smith Pride and Prejudice and Zombies semella que pdoe estar por resucitar.

A produtora de Megan Ellison, a Panorama Media, será a encargada de poñer os cartos, a financiación e ademais encargará-se das vendas. Con este acordo, únen-se á Darko Entertainment, a Handsomecharlie Films e mais á produtora Allison Shearmur.

David O. Russell escribiu o guión. A equipa polo de agora non ten director, pero xa falan de rematar a tempo de chegar a estrear no Festival de Cannes.

Esta adaptación ao cinema mistura o clásico de 18313 de Jane Austen Pride and Prejudice (Orgullo e Prexuízo) con zombis nunha versión alternativa da Inglaterra do século XIX.

Orixinalmente ía ser producida pola Lionsgate, pero o proxecto ficou paralisado por mor de vários problemas financieiros. Agora todo semella que podería estar axiña de novo en pé para comezar a se rodar.