Sarah Snook ten unha Predestinación

0
231

A guapa actriz australiana Sarah Snook será a protagonista xunto a Ethan Hawke do thriller de ciéncia-ficción e viaxes no tempo Predestination. Os irmáns Spierig (responsábeis de Daybreakers ou Undead) serán os directores do proxecto, baseado nun conto orixinal doclásico escritor de ciéncia-ficción Robert A. Heinlein.

Hawke interpreta a un Axente Temporal que na súa misión final persegue a un criminal o que leva moito tempo tentando atrapar.

Tim McGahan e Patrick McDonald serán os produtores deste filme, que comezará a se rodar o 8 de abril en Melbourne.